Alfredo Madrigal

landscape photography, timelapser, astrophotography of landscape and deep sky, nature

o raio azul

O raio azul é un fenómeno óptico que se produce nas postas de Sol, amaneceres e incluso pódese conseguir coas saidas e postas de lua chea.

En Xuño do 2016 conseguín captar o fenómeno nunha posta de Sol nos cantís de Loiba. O curioso e que non decidín publicalo ata hoxe. Os motivos son variados.

  • Nalquel momento non considerei o fenómeno como tal, pensaba en captalo noutro momento en mellores condicións.
  • Finais de Xuño para min significa final de curso (son profesor), mudanza y despedida de curso e ainda que pareza raro, pouco tempo entre reunións, claustros e comidas/ceas.
  • Uns días despois fun a Almeria (Calar Alto) e trouxen tanto material astrofográfico que o raio azul daquel día quedou ahí esquecido no disco duro do ordenador.

A luz blanca do día e unha combinación en modo suma de todolos espectros visibles da luz, e dicir, os cores do arco iris. En condicións  determinadas a atmósfera terrestre comportase caprichosamente e nos solpores e menceres produce fenómenos de difracción e dispersión desas ondas de luz quedando algunhas lonxitudes de onda anuladas e outras maximizadas.

Espectro visible.

Espectro visible de la luz (wikipedia)

No caso do raio azul (ou violeta) as lonxitudes de onda de 450nm quedan maximizadas e se consigue ver ou grabar ese fenómemo óptico. Sucede poucas veces por eso é un fenómeno óptico moi esquivo. O máis habitual e que se produzca un raio de cor verde xa que as lonxitudes de onda roxas e violetas se anulan entre si e quedan a cor verdosa dos 525 nm.

Un exemplo de varios raios verdes os captei case no mesmo sitio uns meses antes:

Alfredo Madrigal

 

 

Siguiente Entrada

Anterior Entrada

Dejar una respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2024 Alfredo Madrigal

Tema de Anders Norén

Translate »